dimecres, 18 de maig del 2005

GALIZA

M'han demanat que ho faci circular, i el Flux és a hores d'ara, en el meu cas, el més proper a la circulació que se m'acut...

ESTAMOS CONVOSCO

Somos moitas as persoas que ollamos a Galiza dende fóra con ollos atentos. Vemos en vós un país que nos atrae e vemos tamén cousas que non comprendemos.

¿Como un país que demostrou forza e dignidade para berrarlle “Nunca máis” a un poder que o desprezou segue a dar esa imaxe de país encerrado nun tempo pasado e ben pasado?

¿Como unha sociedade que dá mostras de ser creativa e dinámica permite que siga a marchar a súa xuventude e co índice de nacementos máis baixo de Europa?

Dende fóra, dende Catalunya, dende Europa toda, vemos que a Galiza está ante unha decisión histórica. Cremos que vai ser esa xuventude que vimos mobilizarse para defender o mar e a terra, esa xuventude que lanzou ese “nunca máis”, esa consigna de rebeldía e de esperanza a todo o mundo a que decida o dilema.

Desexamos que a Galiza opte polo futuro, por vivir o tempo da liberdade e opte pola esperanza. Nós estaremos agardando coñecer esa nova Galiza que sabemos que xa existe.


0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

Gràcies per la vostra opinió

Nota: Només un membre d'aquest blog pot publicar entrades.